Nostálgica: recupero para este espacio un breve suspiro escrito hace casi diez años, cuando apenas tenía 15 años.
Sorprendida: porque aun mantiene la frescura por la que tanto me había gustado al escribirlo. Y un millón de imágenes se agolpan en mi memoria.
Avergonzada: está escrito en gallego (supongo que en gallego ya no normativo XD) y no me atrevo a traducirlo. No creo que tuviese sentido en otro idioma.
Con todo y a pesar de todo, espero que os guste: ALÉN
"A lúa perdeuse, perdeuse para sempre aquela noite.
Aurora só quería voar e acaricia-lo ceo, ser un paxaro ou unha bolboreta, por un intre.
Saiu da casa no medio da noite, espida, e correu co vento e xogou coa choiva e coas árbores. Aurora só quería divertirse.
Bailou nun aquelarre ó son das frautas dos trasnos e guiou á Santa Compaña polo pobo. Aurora só quería ser pícara.
Bañouse no mar e cantou coas sereas, nadou cos golfiños e engañou ás mareas. Aurora só quería ser importante.
Escoitou ás fadas brancas representar a Shakespeare e bebeu do ponche dos desexos de Michael Ende. Aurora só quería ser inocente.
Mostroulle o seu amor a algún galante xove, mentres contaba as estrelas e sentía a paz das flores. Aurora só quería ser querida.
Sentiu o perfume das cousas belas, respirou a tranquilidade... e soubo que endexamais volvería. Aurora, só quería ser libre.
Sabe Deus que todo ten un prezo e sairon buscala, pero ela foi máis rápida e ninguén puido facer nada. Perdeuse nun abismo, alén da realidade; levouna a morte. Máis por un intre puido voar e acaricia-lo ceo, foi paxaro e bolboreta, foi inocente e pícara, foi importante e querida, e sobre, todo foi libre.
E a lúa perdeuse, perdeuse para sempre aquela noite."